Comparación do brillo e contraste dunha fotografía.

comp_brillo-contraste

Para facer este traballo empreguei a ferramenta de brillo e contraste e, xa nela, escollín a opción de editar os niveis. A partir da imaxe orixinal, situada á dereita da composición. creei outras tres: unha con moi pouco contraste, outra con algo de contraste e a final, situada á esquerda da composición, moi contrastada.

Advertisements

Home con cabeza de serpente no salón.

mueble-salon-curvas

Nesta imaxe pódese ver en primeiro plano o corpo dun home pero ca cabeza dunha serpente e no fondo un salón dunha vivenda.
O que fixen para dar con este resultado foi: usar o gimp e abrir as tres imaxes á vez. A do home, a da serpente e a do salón. Unha vez abertas, co recorte libre das ferramentas, useino no contorno da cabeza da serpente. A continuación copieino, e pegueino na foto do salón.
Logo fun á foto do home e ca mesma ferramenta do recorte libre, useino para o contorno de só o seu corpo. Copieino e pegueino na foto do salón, encima da cabeza da serpente, pero véndose esta, e, usei a ferramenta de escalar para que o corpo quedase ben posto, tendo todo proporcionado.
Por último, usando a ferramenta de texto, escribín unha frase e cambiei de cor as letras mais o tamaño destas.